
Sen dúbida, o phoskito clásico e un dos clásicos das merendas de quenes pasamos a infancia entre os 80 e los 90 e que compartía mercado co Bollycao, o Tigreton ou a Panteira Rosa aínda que o phoskito era ( e segue a ser) un bolo sen igual.
Este biscoito, o phoskito clásico, en forma de espiral e de chocolate con leite, a moitos combinábanos perfecto dunha Coca-cola. Pode que pola cor ou pode que, simplemente, porque todo o doce e de bo sabor combina.
E sí, pode ser que xuntos sumen moitas calorías, pero antes os rapaces queimábamos todas esas calorías (e máis) xogando. Pasabamos horas e horas na rúa ou no parque, día sí e día tamén , xogando en calqueira estrada de asfalto ou brincando sen parar a corda .
En fin, que tempos aqueles de antes!
Anuncio do Phoskito clásico que pode que te deixe perplexo
Sabías que…os phoskitos pertenceron a marca española Nutrexpa, unha marca que entre outros era propietario de productos como o colacao, nocilla, paladín, cuetara ou os famosos caramelos Pez. De todos eles falaremos máis adiante no Blogue das Chuches de onte e de hoxe que desde Chuches Xiana levamos a cabo con toda a ilusión do mundo
Unha das grandes atraccións que posuía o Phoskito clásico eran as súas coleccións.
Destacamos os Saltiflash de 1995 que os anunciaban a bombo como «lo más de lo más de los Estados Unidos». Pero houbo moitas outras coleccións que marcaron época e que, sen dúbida, facían que merecese un pouco máis a pena invertir aquelas vellas pesetas nesta fabulosa merenda
Os Phoskitos seguen aínda vixentes!
E vaia que si seguen. Facendo gala da súa versión clásica os podes adquir en calquera das nosas tendas en oferta de 2×1 € ou os pode mercar aquí mesmo.
Consegue comprar Phoskitos agora a través da nosa web e recíbeos na túa casa. A venda por unidade ou en estuche de 18 uds. ¿ Por que privarse do que a un lle gusta?


Segue o noso Blogue para estar o tanto de todas as novidades do mundo doce