3 As cousas distinguían o verán de calquer neno ou nena nos anos 70/80/90. Tempo Libre, a Aldea e o Amor … aos Xeados!
Nos marabillosos veráns dos anos 80 e 90 (xa antes) os nenos da época adoitabamos botar longas horas nas rúas xogando sen máis preocupación que divertirnos o máximo posible. Despois de longas horas de xogos, xa fora a pelota, o pilla-pilla ou de botar todo o día enriba da bici (quen a tiña), facíase necesario descansar, a poder ser á sombra.
Neses momentos de descanso era cando gastabamos o pouco diñeiro que nos deixaban os nosos papas no Kiosco. Necesitábamos algo refrescante, a auga da fonte non o era o suficiente, polo que un dos atractivos do verán era que o Kioskero tivese un na súa neveira un xeado ó alcance dos nosos maltreitos petos.
O Kiosco de Barrio..
Este xeado a prezo accesible era , sen dúbida, o Burmar Flax. Unha barra de xeo que podíamos mercar por menos de 20 pesetas (nacín nos 90) e que existía en diferentes sabores. Amorodo, laranxa, pero especialmente cola e limón, eran os favoritos dos meus amig@s
Deste xeito este produto tan refrescante, tamén reclamado como Polo Flash, que ó fin e ó cabo era simplemente auga aromatizada con azucre, pode considerarse como unha goma (larpeirada) líquida. Foi un tal Evaristo Burgueño Martín quen a inventou e a comercializou con só 23 anos na cidade de Estremadura en Badajoz (1973). Nótese que aquí, pódese dicir, que a necesidade apurou o enxeño, xa que os veráns de Badajoz deben ser de todo menos frescos
Unha máquina para facer … Xeo
O imparable éxito que segueu á comercialización deste produto fixo que a empresa que o propio Evaristo fundou medrase dun xeito nunca visto e resultado disto, anos máis tarde, veu á luz outro dos seus produtos estrela, as Camtimploras de Zumrok, cuxa versión similar podes adquirila aquí (aínda que cunha marca diferente)
Faite con eles
E ti, que podes contarnos sobre él, cal era o teu sabor favorito? Canto de barato o tes chegado a mercar nun quiosco ou nun bar? ¿Queres disfrutar de novo do sabor de un deles? Podes atopar aquí, o xenuíno e inconfundible, en sabores diferentes. Próbao!

ANUNCIO BURMAR FLAX (polo flash)
A publicidade en medios de Burmar Flax axudou a consolidar o producto.
Desconto Newsletter
En Chuches Xiana poñemos a túa disposición esta e outras Retro Chuches a través da nosa Tenda Online. Nela amais dispoñemos de innumerables Detalles Doces e Tartas Orixinais para todo tipo de eventos no que damos a coñecer como o Universo Sweet