fbpx

Anuncio Palotes con Bugs Bunny (cándo aínda non existía o copyright)

palotes anuncio

Os Palotes son todo un clásico de moitas xeneracións. Desde que se crearon, alá polos anos 60, temos sido moitos os que temos disfrutado do seu inconfundible sabor ata a actualidade, na que se segue a fabricar e na que continua a ser un dos produtos estrela da marca Damel, por diante de moitos outros dos que máis adiante falaremos.

Pastelería Damel 1860 ” A empresa adoptou ese nome 
para honrar a “Dama de Elche”, ilustre escultura Íbera”

ORIXES

A empresa Damel, cuxo nome (DAM-EL) ten que ver na súa orixe coa escultura “ibera” da Dama de Elche (que tamén nomea a cidade da que a empresa é orixinaria), é recoñecida a nivel Mundial, ademais de pola producción e exportación de Palotes, por algun dos seus produtos cos que seguramente, nalguna ocasión que outra, te tes familiarizado durante a túa infancia.

Alguns dos máis recoñecidos produtos e iconos desta empresa que, na actualidade, comercia todo tipo de alimentación relacionada co  mundo dos froitos secos e das chuches, eran os xa extintos Chicles Cheiw (que terás en mente se xa peinas canas), os caramelos balsámicos de Pectol, ou os caramelos de Natiñas (Snipes)

 

 

O xurdir da Marca Damel tivo lugar a partir da creación dunha primeira pastelería, no año 1860, na mesma cidade de Elche. Algunhas décadas despois, co esplendor do sector dos caramelos a nivel español, esta tranformaríase nunha fábrica de doces.

UNHA MARCA DE SEMPRE E PARA SEMPRE

Os Palotes Damel, como dixemos, foron referente para a Marca Damel (co permiso dos Chicles Cheiw) xa que a súa carismática forma de Pao, uníaselle un sabor que volvía tolos a todos os rapaces que temos mercado todo tipo de chuches no quiosco da esquina de cualquer barrio. Xa fose o sabor que fose, aínda que principalmente o de fresa, reservávase sempre unha pequena parte da paga semanal (algunha peseta) para mercar algún Palote o que hincarlle o dente.

Ganadora sorteo Palotes Damel
Gañadora sorteo Palotes Damel
Extintos chicles Cheiw
Extintos chicles Cheiw

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NON ERA COUSA DOADA.. 

E que comer un Palote non sempre foi tarefa sinxela, cánto papel teremos inxerido moitos tentando despellexar ese caramelo en forma de pao de lambetado ao que resultaba imposible arrebatarlle o papel que o envolvía sen perder parte do botín (sobretodo en aqueles calurosos días de verano). Sen dúbida, é moi dificil de determinar.

Na actualidade, para a xente que traballamos en Chuches Xiana, o Palote de Damel segue a ser unha das chuches máis imprescindibles, pois usámola cotidianamente a hora de elaborar as nosas Bolsas de Aniversario xa que a súa forma axústase perfectamente ó fondo da Bolsiña de Cono.

 

LÉVATE A CASA OS TEUS PALOTES

Podes adquirir o teu estuche de Palotes Damel a través da nosa propia Tenda Online e voltar a revivir aqueles momentos máxicos da túa infancia por uns segundos.

Bolsa cono cumpleaños
Comprar Bolsa de cumpleaños 1 Euro
palote damel
Comprar Palotes Damel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANUNCIO PALOTES

Esta magnífica xoia documental que é o anuncio de Palotes levado a cabo pola Marca Damel durante a década dos 80, no cál podedes observar unha desatada imitación do famoso coello de Bugs Bunny anunciando o todopoderoso caramelo de Damel. QUE O DISFRUTEDES!

 

RESERVA O TEU OVO DE PASCUA

Por último, queremos informarte de que en Chuches Xiana xa poñemos a vosa disposición un sinfín de detalles para que o día de Pascua (próximo 21 de abril) poidas agasallar o teu afillado/a. En Xiana sabemos que este é un día moi especial tanto para afillados/as como para Padriños e Madriñas polo que procuramos poñer a vosa disposición todas as facilidades como a Recollida en tenda de forma totalmente gratuíta de todos os artigos que merquedas a través da nosa páxina WEB. Deixovos un enlace a algúns destes produtos.

Rosca de Pascua dulce
Comprar Rosca de Pascua doce

 

reserva tu huevo de Pascua
Reserva o teu Ovo de Pascua XA

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies