fbpx

A incríble escultura de Sugus feita con Pedra (si, pedra) polo artista coruñes Mico Rabuñal

Escultura Sugus, de onde ven?

Os doces de Sugus foron e seguen sendo un dos favoritos para todos os que nos consideramos adictos aos doces como vimos este ano cando realizamos no RRSS o “Mundo dos Chuches”. Nesta Copa do Mundo, entre os 32 “chuches”, o Sugus chegou a colarse na final, sendo finalmente derrotado polo Kinder Bueno

 

 

Este doce, creado pola marca Suchard en imitación a unha lambonada de orixe polaco que desfacía nada máis se poñia na boca, naceu como unha alternativa ao chocolate que comercializou esta marca no seu afán de medrar. Dende o principio foi un éxito, e pronto converteríase nun dos produtos estrela desta marca suíza en plena expansión.

Non obstante, o estalido da Segunda Guerra Mundial, interpúxose no seu crecemento e atrasou a súa chegada a España ata 1961, cando se decidiu a por en marcha unha fábrica na cidade de San Sebastián.

A comezos deste século, Sugus, foi adquirida pola marca Wrigleys, que, anos despois, pasaría a mans da compañía de Mars, dedicada a comercializar todo tipo de produtos alimenticios.

Anuncios de Sugus

No súa aposta de expansión na posguerra, a empresa Suchard investiu numerosas cantidades de diñeiro na publicidade de Sugus e, como resultado, xurdiron varios anuncios que chamaron a atención de mozos e non tan novos como o que che poñemos a continuación.  Nel vese a un neno pagar o billete de autobús cos propios Sugus.

Anuncio Sugus

Mourinho, ¿ Porque?

Case merece un dos “memes” máis importantes que se lembran do mundo do fútbol e ten que ver co antigo adestrador Mouriño e os propios Sugus

No seu día, trala disputa dun clásico contra o FC Barcelona, ​​o propio Mourinho deu unha rolda de prensa algo peculiar.

Ese día Mourinho cuestionou varias accións preguntándose o por que e deu pé a todo tipo de memes e imitacións nas que se facían pasar pola súa voz e o “suposto Mourinho” cuestionabase o porqué da cor azul no sabor de piña dos sugus.

Pronto o meme deu a volta ao redor do mundo e, finalmente, a empresa de Sugus tivo que saír para aclarar que “Os Sugus de Piña son azuis, porque as outras cores que poderían estar asociadas coa piña xa estaban ocupadas por outros sabores, como era o caso do limón ou a menta “(Edición impresa El País)

 

Escultura Sugus

Finalmente queremos finalizar este repaso sobre os Sugus amosándoche unha das Obras de Arte que máis nos ten maravillado nos últimos tiempos e que foi realizada polo escultor coruñes Mico Rabuñal.

Trátase dun totem de pedra arenisca en escala (5-1) que reproduce a perfección o caramelo Sugus.

É ou non é una obra de Arte?

Escultura Sugus
Escultura Sugus

Totem Sugus. (2018) Técnica mixta sobre talla directa. Pedra arenisca.30x13x13cm. Escala 5:1

 

Lévate os teus Sugus

Agora podes mercar os teus Sugus a granel a través da nosa web e revivir aqueles momentos do pasado dos  que tanto gustamos evocar de vez en cando

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Hola, tengo una pregunta acerca de Chuches Xiana. Me podéis ayudar?
Powered by