fbpx

Suecia o país do mundo que máis “chuches” consume

El caso de Suecia

O caso de Suecia

Esta é, sen dúbida, unha estatística que a priori sorprende e que ademais nos permite sacar algunha conclusión sobre as formas de vida máis habituais para o caso de Suecia.

Unha das primeiras relacións que se pode extraer é que os Suecos non son tan eslamiados como semellan, 17 kgs de doces por persoa o ano o contrapoñen

Unha segunda conclusión permítenos entender que se o consumo de “chuches” prodúcese de forma moderada e acompañado a unha dieta equilibrada que inclúe a realización de exercicio non ten porque supor un maior grado de obesidade.

Os Suecos consumen nada máis e nada menos que uns 50 kg o año de azucre, o tripe do que recomenda a OMS, e aínda así neste país as taxas de obesidade infantil son as máis baixas do mundo mundial. Non queremos dicir que isto sexa unha relación directamente correlativa, xa que probablemente existan outros factores físicos e sociais que influén no mantemento destas taxas tan baixas.

De feito o consumo de doces no caso de Suecia continúa a medrar nos últimos anos, aínda que as autoridades, xa en 1950, recomendaron diminuír este consumo (cousa que por agora non conseguiron) establecendo o día Lördagsgodis ou o día do sábado doce para tentar así acoutar o consumo. Ese día a xuventude ten maior permiso que outros días para consumilos

As “chuches” en España están feitas todas nun pequeño pobo de Murcia

O consumo de doces en España é moito máis moderado que no caso de Suecia, sen embargo o grado de obesidade de dos nenos é superior. Isto é algo que ten preocupado as autoridades que sen dúbida tratan de palialo.

Fini, Vidal, Jake, todas elas, son empresas multinacionais dedicadas á produción e comercialización de lambetadas. En común teñen que todas elas teñen a súa sé no pequeno pobo de Molina de Segura, en Murcia.

Molina de Segura perfílase hoxe como a principal cidade de produción  de doces do país, producindo o dobre que o segundo produtor que é Barcelona capital, xa que unha de cada catro larpeiradas consumidas en España proceden das grandes factorías de Molina de Segura

As Chuches que máis gústamos

As chuches son un pequeno pracer que provocan felicidade en nenos e nenas pero tamén en adultos. Existe unha innumerable gama de chuches diferentes en sabores, tamaños e formas que soen coincidir nas grandes produtoras.

As Chuches que tivemos sorteado durante esta semana no Facebook de Chuches Xiana constitúen, sen dúbida algunha (o sabemos polo volume de vendas), tres das favoritas pola clientela de Chuches Xiana. Tanto os Corazons de Melocotón, que podes mercar en calquera das nosas tendas físicas ou de forma Online, como as Botellas de Cola Pica ou os Aros Surtidos son as máis demandadas, aínda que se tivésemos que por unha primera posición entre as chuches en canto a demanda, estas serían as Regalices  vermellas da marca Damel, e o serían con moita moita diferencia…

RETRO sorteo mayo

Deportistas que toman “chuches”

Unha nota curiosa en canto o consumo de chuches é que, nos últimos tempos, deportistas como os ciclistas as veñen consumindo para axudarse na recuperación enerxética ó finalizar unha carreira. No seguinte vídeo podemos ver como o, en diferentes ocasiones campión do Mundo, Peter Sagan, devora unha gran cantidade de Osiños de “chuches” trala disputa dunha clásica Belga

Tartas de Chuches co Selo Made in Xiana

En Chuches Xiana utilizamos moitas destas chuches para a elaboración dos nosos deseños de tartas para todo tipo de eventos como aniversarios, comuñóns ou vodas. A continuación deixámosvos un deseño dun Coche feito con diferentes chuches e regalices. Podes botarlle un ollo a algún dos nosos deseños no seguinte enlace ás nosas Tartas Orixinais 

Estamos seguros que non te deixarán indiferente

Comprar Coche L de chuches ideal para regalar a unha persoa que acabe de sacar o carné 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Hola, tengo una pregunta acerca de Chuches Xiana. Me podéis ayudar?
Powered by