fbpx

Quenes somos

A NOSA HISTORIA

Chuches Xiana é unha marca adicada o sector das chuches que tivo os seus inicios na primavera do ano 1997 co establecemento dunha tenda especializada (non moi común pola época) situada no corazón dun dos barrios máis emblemáticos da cidade da Coruña, o barrio dos Mallos.

Transcorridos máis de 20 anos podemos dicir que Chuches Xiana é unha pequena empresa que, aínda que tivo que lidiar os tempos da crise, pouco a pouco con sentidiño e sen estancarse nunca, foi crecendo cada día máis

CREMENTO CONTINUO

Hoxe en día somos unha compañia que, aínda cun forte carácter familiar, emprega a máis dunha treintena de persoas a través da nosa rede de tendas. Podedes atoparnos no C.Comercial Marineda(planta 0 e 2), en Arteixo, O Burgo ou na cidade de A Coruña en diversos lugares como a Gaiteira, Juan Florez, Catro Camiños ou na xa mencionada Praza de San Vicente.

Chuches Xiana
Unha das nosas tendas, con vocación de seguir medrando

A nosa ilusión e seguir crecendo e converternos nun referente no sector. Con tal obxetivo o noso compromiso e o de avaliarnos sempre polos nosos clientes cos cales tentamos establecer unha relación máis alá da mera relación comercial  facéndoos participes tando das numerosas promocións que ofertamos ben na propia tenda física, ben nas RRSS ou na propia Tenda Online.

OS NOSOS PRODUTOS

Chuches Xiana ten unha experiencia de máis de duas décadas no sector pero, sobretodo, diferéncianos a calidade en cada un dos nosos produtos e servizos prestados, así como ese especial selo que fai “inimitables” todas as nosas elaboracións “Made in Xiana”.

Dispoñemos  dunha ampla variedade de produtos das marcas máis importantes do mercado, as cales garanten que contemos con todas as variedades existentes de chuches, froitos secos, xelados e chocolates da máis alta calidade.

OBRADOIRO DE CREACIÓN

Outro elemento importante a destacar en Chuches Xiana é o Obradoiro de Creación. En dito espazo deseñamos todas as tartas de chuches e todos os detalles doces utilizados en todo tipo de eventos  como vodas, aniversarios, bautizos e comuñons. Ti pos a túa idea e nós incorporámoslle o  selo Xiana.

XIANA , un equipo de doce, para complacerche!! ?

INICIO

chuches xiana
Familia Xiana

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies