É necesario rexistrarse para comprar en www.chuchesxiana.com?
Non, simplemente cumplimentar os datos na compra para facer chegar o teu pedido.
Nós temos un compromiso real coa protección de datos personais. Só usaremos os teus datos para os servizos que che prestamos, www.chuchesxiana.com asegúrache a confidencialidade dos datos aportados e garante que, en ningún caso, serán cedidos para ningún outro uso sen mediar o teu consentimento previo e expreso. Tamén te garantimos que en calquer momento podes exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación que establece a Lei de Protección de Datos.
Están os meus datos persoais seguros?
Conforme á Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDP), informámosche que mediante o enchemento dos formularios, os teus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros automatizados de Chuches Xiana S.L. A principal finalidade deste ficheiro é a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, así como o envío de información relativa aos produtos e servizos comercializados.
Só che pedidos aqueles datos necesarios para a prestación do servizo requirido e unicamente serán empregados para este fin. Ademais, se xa non nos queres, en todo momento tes dereito a acceder, cancelar ou rectificalos en larpeiradasxiana@hotmail.com
Como fago unha compra?
Para realizar unha compra debes de acceder ao grupo de produto que che interese: tartas orixinais, detalles para eventos, momentos especiais… mediante o menú principal. Selecciona o produto e fai click sobre o botón Engadir a cesta. Fai o mesmo con todos os produtos que desexes. Unha vez engadidos á cesta todos os produtos fai click no botón cesta (menú superior, dereita)e desplegarase a cesta. Fai click en «ir a caixa», cumplimenta os teus datos, selecciona a forma de pago e realiza o mesmo.
Como procedo a pagar?
Escolle a forma de pago, que prefiras. Dispoñemos dos seguintes medios de pago: tarxeta de crédito/débito (a través da pasarela de pago Stripe, que acepta Visa, Mastercard e American Express) e
Paypal. Todas elas están securizadas e solicitan autorización ao teu banco ou a Paypal. Se vives na zona de A Coruña podes seleccionar a opción recoller en almacén.
Completa os teus datos persoais para que podamos proceder ao envío dos produtos e preme CONTINUAR.
Se tes algunha dúbida consulta a nosa páxina de medios de pago.
Canto tardan os envíos?
Se elixiches o método de cobro en stock, a túa solicitude realizarase en ausencia de confirmación de pagamento (custo 0). Se o método de pagamento elixido é o de tarxeta de débito / crédito ou Paypal enviarase á nosa pasarela de pagamento e, despois da autorización, enviarase automaticamente.
Todos os envíos á península serán realizados por unha empresa de transporte urxente, e dentro dun prazo máximo de cinco días terá a súa solicitude a menos que haxa unha pausa de stock, caso en que nos contactaremos para marcar un data Temos unha tarifa fixa para o transporte á península (€ 2.95 € e gratis para pedidos superiores a 49€) é dicir, solicitar os produtos que soliciten os custos de envío será o mesmo.
Admítense devolucións?
Podes devolver o teu pedido nun prazo de 30 días desde a recepción do envío (sempre que non estén usados, modificados e se atopen en boas condicións). Primeiramente envíanos un correo a larpeiradasxiana@hotmail.com xustíficandonos porque o queres trocar e despois diremosche que o envies de volta co albarán de entrega.
Poligono Industrial Alvedro NAVE I 7 Culleredo (A Coruña) CP 15180
Os costes de envío xenerados pola devolución corren da túa conta salvo que o produto esté deteriorado. Nese caso nós corremos con todos os gastos.