A NOSA HISTORIA
Chuches Xiana é unha marca adicada o sector das chuches que tivo os seus inicios na primavera do ano 1997 co establecemento dunha tenda especializada (non moi común pola época) situada no corazón dun dos barrios máis emblemáticos da cidade da Coruña, o barrio dos Mallos.
Transcorridos máis de 20 anos podemos dicir que Chuches Xiana é unha pequena empresa que, aínda que tivo que lidiar os tempos da crise, pouco a pouco con sentidiño e sen estancarse nunca, foi crecendo cada día máis
CREMENTO CONTINUO
Hoxe en día somos unha compañia que, aínda cun forte carácter familiar, emprega a máis dunha treintena de persoas a través da nosa rede de tendas. Podedes atoparnos no C.Comercial Marineda(planta 0 e 2), en Arteixo, O Burgo ou na cidade de A Coruña en diversos lugares como a Gaiteira, Juan Florez, Catro Camiños ou na xa mencionada Praza de San Vicente.

A nosa ilusión e seguir crecendo e converternos nun referente no sector. Con tal obxetivo o noso compromiso e o de avaliarnos sempre polos nosos clientes cos cales tentamos establecer unha relación máis alá da mera relación comercial facéndoos participes tando das numerosas promocións que ofertamos ben na propia tenda física, ben nas RRSS ou na propia Tenda Online.
OS NOSOS PRODUTOS
Chuches Xiana ten unha experiencia de máis de duas décadas no sector pero, sobretodo, diferéncianos a calidade en cada un dos nosos produtos e servizos prestados, así como ese especial selo que fai “inimitables” todas as nosas elaboracións «Made in Xiana».
Dispoñemos dunha ampla variedade de produtos das marcas máis importantes do mercado, as cales garanten que contemos con todas as variedades existentes de chuches, froitos secos, xelados e chocolates da máis alta calidade.
OBRADOIRO DE CREACIÓN
Outro elemento importante a destacar en Chuches Xiana é o Obradoiro de Creación. En dito espazo deseñamos todas as tartas de chuches e todos os detalles doces utilizados en todo tipo de eventos como vodas, aniversarios, bautizos e comuñons. Ti pos a túa idea e nós incorporámoslle o selo Xiana.
XIANA , un equipo de doce, para complacerche!! ?
